Saltar ao contido principal

Publicacións

Conferencia "Mariñeiros de Marín na defensa de Euskadi, 1936"

A Casa de Cultura de Seixo quedou pequena para acoller ás ducias de persoas que asistiron, o venres 28, á conferencia ofrecida polo investigador e veciño Celso Milleiro. Acto que abríu os actos de Setembro da ARMH de Marín.
ACTOS DE SETEMBRO  
RÚA EN MEMORIA DE CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ "A CAPIROTA" Marín, 18 de agosto de 2018 "Hoxe é un día para falar da verdade, facer reparación e xustiza como ven pedindo a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín dende a súa constitución no noso concello, e xa van alá preto de vinte anos. Polo tanto, celebramos que a moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego fora acollida por tódolos grupos políticos que forman a corporación municipal. Podemos dicir que o pobo de Marín é o que restitúe na figura de Carmen Pesqueira Domínguez o triunfo da liberdade que ela pensaba que tiña para expresar as súas ideas ou encararse cos que naqueles días andaban a meter medo na xente.  Medo en Bueu, onde deixaron o corpo de Carmen no vello cemiterio onde segue a día de hoxe, xa que non permitiron que os pais puidesen levar de alí a súa filla.  Medo en Cangas, onde foron buscar a Dolores Blanco Rodal que ferida puido escapar polo monte e dar testemuño dos feit...

Aniversario da II República ante a Pedra da Liberdade

  

ABRIL REPUBLICANO

          Na obra Ai, Carmela!, elexía dunha Guerra Civil, aparecen tres Españas: a dos vencedores, obvia e sempre presente; a que representa Carmela, que acaba morta ou no exilio; e a que representa Paulino, sobrevivinte que acaba asumindo o sometemento e perda dos seus ideais, disposto mesmo ao esquecemento.  Nela faise un elevado acto de xustiza poética con todos os mortos, non só os da Guerra Civil Española, senón cos de todas as guerras.

ACTOS DE DECEMBRO - 10º ANIVERSARIO

Neste mes de decembro de 2017, a ARMH de Marín cumpre 10 anos da súa creación como tal, logo do importantísimo e intenso traballo levado a cabo nos anos previos ao 2007 polas persoas impulsoras e promotoras deste proxecto. Deixamos aquí o extenso programa de conferencias, actos e actividades no noso 10ª aniversario na procura de "xustiza, verdade e reparación".  
PERSECUCIÓN CONTRA OS PROTESTANTES  (Carlos Villegas)                  
ACTO DE LEMBRANZA NO POZO DA REVOLTA Este ano contamos coa participación de representantes da Igrexa Evanxélica de Marín, no acto anual de lembranza e recoñecemento ás persoas que pereceron na defensa das liberdades, como Carmen Pesqueira "A Capirota", lavandeira, Antonio Martínez, canteiro, Augusto Alfonso, canteiro, e Cristóbal Peñín, industrial.
Conferencia "PERSECUCIÓN CONTRA OS PROTESTANTES NA GUERRA CIVIL E NO FRANQUISMO" O xornalista marinense Marcos Gago fixo un percorrido histórico pola situación da igrexa evanxélica  nos anos terribles da represión franquista (Casa de Cultura de Seixo; 14-setembro-2017)
PRESENTACIÓN "OS NOMES DO TERROR" Xoán Carlos Garrido, Xosé Álvarez e Carlos F. Velasco nun momento da presentación do libro colectivo "Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron" , o pasado 15 de setembro na Biblioteca Municipal Vidal Pazos

ACTOS DE SETEMBRO

EN HOMENAXE ÁS PERSOAS QUE LOITARON POLA DEMOCRACIA E A LIBERDADE Durante a semana vindeira, haberá varios actos dentro da programación anual da nosa asociación. Aquí tendes os cartaces onde podedes ver cando e onde terá lugar cada un. Agardamos contar coa vosa presenza.