Saltar ao contido principal

Publicacións

Aniversario da II República ante a Pedra da Liberdade

  

ABRIL REPUBLICANO

          Na obra Ai, Carmela!, elexía dunha Guerra Civil, aparecen tres Españas: a dos vencedores, obvia e sempre presente; a que representa Carmela, que acaba morta ou no exilio; e a que representa Paulino, sobrevivinte que acaba asumindo o sometemento e perda dos seus ideais, disposto mesmo ao esquecemento.  Nela faise un elevado acto de xustiza poética con todos os mortos, non só os da Guerra Civil Española, senón cos de todas as guerras.

ACTOS DE DECEMBRO - 10º ANIVERSARIO

Neste mes de decembro de 2017, a ARMH de Marín cumpre 10 anos da súa creación como tal, logo do importantísimo e intenso traballo levado a cabo nos anos previos ao 2007 polas persoas impulsoras e promotoras deste proxecto. Deixamos aquí o extenso programa de conferencias, actos e actividades no noso 10ª aniversario na procura de "xustiza, verdade e reparación".  
PERSECUCIÓN CONTRA OS PROTESTANTES  (Carlos Villegas)                  
ACTO DE LEMBRANZA NO POZO DA REVOLTA Este ano contamos coa participación de representantes da Igrexa Evanxélica de Marín, no acto anual de lembranza e recoñecemento ás persoas que pereceron na defensa das liberdades, como Carmen Pesqueira "A Capirota", lavandeira, Antonio Martínez, canteiro, Augusto Alfonso, canteiro, e Cristóbal Peñín, industrial.
Conferencia "PERSECUCIÓN CONTRA OS PROTESTANTES NA GUERRA CIVIL E NO FRANQUISMO" O xornalista marinense Marcos Gago fixo un percorrido histórico pola situación da igrexa evanxélica  nos anos terribles da represión franquista (Casa de Cultura de Seixo; 14-setembro-2017)
PRESENTACIÓN "OS NOMES DO TERROR" Xoán Carlos Garrido, Xosé Álvarez e Carlos F. Velasco nun momento da presentación do libro colectivo "Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron" , o pasado 15 de setembro na Biblioteca Municipal Vidal Pazos

ACTOS DE SETEMBRO

EN HOMENAXE ÁS PERSOAS QUE LOITARON POLA DEMOCRACIA E A LIBERDADE Durante a semana vindeira, haberá varios actos dentro da programación anual da nosa asociación. Aquí tendes os cartaces onde podedes ver cando e onde terá lugar cada un. Agardamos contar coa vosa presenza.                                          

Restituir o monumento de Castro de Val

HOMENAXE NACIONAL EN SAN SIMÓN ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO

O acto do pasado 16 de xullo, estivo dedicado a lembrar os campos de concentración que o franquismo habilitou na Galiza, empezando pola propia illa de San Simón, na que estiveron retidas máis de seis mil persoas entre os anos 1939 e 1943. A escritora Susana Sánchez Aríns tivo unha emocionante intervención na que, a través do relato da historia familiar, apelou á implicación da xeración das netas do 36 na procura do verdadeiro relato do que pasou; ela mesma narra no seu último libro, Seique , a implicación do irmán da súa avoa na represión fascista. Enriqueta Otero, da asociación da memoria de Marín, aportou datos sobre o campo de Ferrol facilitados pola asociación de familiares de marinos vítimas da base naval desa cidade.

" REXAS, MULLERES BAIXO O TERROR FRANQUISTA "

Hoxe asistimos á inauguración da exposición Rexas, mulleres baixo o terror franquista,  no Concello de Silleda ; unha mostra promovida pola Diputación de Pontevedra e coordinada por Montse Fajardo, que recolle a historia de 172 pontevedresas perseguidas, asasinadas, agredidas...e que chegará a Marín o vindeiro mes de setembro.

EXPOSICIÓN DO GRIS AO VIOLETA

Ata o vindeiro día 19 poderase visitar no Museo Manuel Torres a exposición Do Gris ao Violeta, do Concello de Pontevedra; a mostra trata de manter viva a memoria das mulleres represaliadas durante a Ditadura Franquista polo seu activismo político e social.  Quedan aquí algunhas fotos do acto inaugural do pasado xoves, no que Montse Fajardo, autora de Matriarcas e Un cesto de mazás, memoria das vítimas do 36 e do tempo que pasou , ofreceu unha conferencia sobre a represión ás mulleres tras o golpe de estado; na mesa estivo acompañada por Ana Acuña, como representante da Asociación da Memoria de Marín, e por Luís Bará, autor do libro Non des a esquecemento .