Saltar ao contido principal

Publicacións

18 de agosto de 2019 | Acto de homenaxe a Carmen Pesqueira "A Capirota" na praza que leva o seu nome.

O pasado 18 de agosto lembramos a Carmen Pesqueira Domínguez "A Capirota" , na praza que leva o seu nome.   Queta Otero, a presidenta da asociación, presentou o acto:  "Cúmprese hoxe un ano en que o pobo de Marín restitúe co nome desta praza de Carmen Pesqueira Domínguez o recoñecemento a unha muller que levantou a súa voz contra os que naqueles días de agosto andaban a meter medo na xente levando a cabo un plan estratéxico para aniquilar á clase traballadora ,non foi un feito illado senón contra as persoas que defenderon as ideas republicanas . Neste 18 de agosto recordamos a Carmen,asasinada, privada da súa vida para escarmento das que ousaran levantarse aínda que só fora coa súa voz contra o novo réxime implantado polos militares golpistas.  Esa mesma noite foron buscar a Cangas a Dolores Blanco Montes e as dúas compartiron a tráxica viaxe ata o Pozo da Revolta e aínda que Lola puido saír con vida fuxindo polo monte a súa vida foi un inferno pola brutal repre...

21 de xullo de 2019 | Homenaxe anual do movemento memoralístico galego na Illa de San Simón, Illa da Memoria

Como cada ano, a Asociación Para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín participou nos actos de lembranza que teñen lugar na Illa de San Simón, cada mes de xullo. Vítimas do franquismo esixen que o estado cumpra os tratados internacionais e acate a non prescrición dos delitos de lesa humanidade  “O que non se xulga e se condena non pode ser perdoado, non se pode amnistiar un delito que non foi cometido (…)No referente aos crimes franquistas, cando falamos de amnistía, en realidade do que estamos a falar é de impunidade”.  A denuncia realizouna a escritora Ana Cabaleiro no encontro nacional que os colectivos pola memoria celebraron o pasado 21 de xullo en San Simón, no só para render homenaxe ás vítimas e ás súas familias senón tamén para reivindicar o fin desa impunidade que, lembrou Cabaleiro, “ lonxe de ser derogada e revertida desde os poderes institucionais correspondentes, de tanto manterse no tempo chegou a propiciar, nos...

14 de abril de 2019 | 88 Aniversario da II República - Acto de homenaxe e ofrenda floral na Pedra da Liberdade. Intervención de Aldara Cidrás.

O domingo 14, ás 13:00h., celebramos o Acto anual de homenaxe na Pedra da Liberdade, nos xardíns ao carón do edificio do Concello, con motivo do Aniversario da II República. Interviu nesta ocasión, ademais de representantes da asociación, Aldara Cidrás e a música de “Amigos da República”.    Intervención de:   A LDARA CIDRÁS FUENTES Marín, Pedra da Liberdade |  14-4-2 019 Moi bos días a todas, moi bos días a todos,      Por iso, quero dar as grazas á Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín tanto o venres coma hoxe e, en particular, de novo a Queta Otero polo convite. Quero parabenizar tamén á asociación por lograr que tódolos abriles en Marín sexan abriles de memoria republicana. E, por suposto, quero dar as grazas ás persoas valentes e teimudas que seguides asistindo a este tipo de actos de reparación e xustiza. Porque sen vós, que sodes a encarnación da demanda social pola recuperación da memoria histórica, este ti...

12 de abril de 2019 | Abril Republicano 2019 | Presentación do libro "Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo"

O venres día 12, tivemos a presentación do libro “Golpistas e verdugos do 36. Historia dun pasado incómodo”, de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho. Foi tamén no Museo Manuel Torres ás 19:30 h. e contamos, ademais, coa presenza de Aldara Cidrás Fuentes, Conchi López Sánchez e Iria Morgade Valcárcel.   Intervención de: Aldara Cidrás Fuentes Moi boas tardes a todas, moi boas tardes a todos,   Antes de comezar gustaríame agradecer de xeito explícito ao público que estades hoxe aquí acompañándonos, pero tamén ás compañeiras e compañeiros da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, e en particular a Queta Otero, pola invitación para falar hoxe aquí e presentar este libro que sacamos hai xa uns meses, no que puxemos un gran esforzo que penso que se nota no resultado final obtido.   A presentación de hoxe a min particularmente emocióname moito porque eu, aínda que nacín en Vigo hai 24 anos, a miña familia (os meus pais, os meus avós) son de...