Saltar ao contido principal

Publicacións

18 de agosto de 2020 | Acto de homenaxe e recoñecemento a Carmen Pesqueira "A Capirota”

  O  martes 18 de agosto, ás 12:30 h ., celebramos un sinxelo homenaxe a Carmen Pesqueira Domínguez “A Capirota”. Dadas as circunstancias derivadas da pandemia covid-19, foi un pequeno acto simbólico de lembranza depositando un ramo   na praza que leva o nome desta veciña , “muller valente e loitadora polos dereitos dos traballadores“ (como reza a praca instalada o día da inauguración de dita praza en agosto de 2018), que se enfrontou “á manada fascista”. No 84 aniversario do seu fusilamento, queremos seguir lembrando a memoria da muller  que tivo a ousadía de encararse aos que truncaron un tempo de esperanza que supuxo a II República para a clase traballadora . Xunto a ela, quedou ferida de bala Dolores Blanco Rodal que puido fuxir polo monte e contar os feitos. O nome de Carmen Pesqueira trascende no tempo como  referente da loita pola liberdade, a igualdade e a democracia máis alá da historia de Marín,  formando parte de exposicións, proxectos e mesm...

19 de xullo de 2020 | Homenaxe anual do movemento memoralístico galego na Illa de San Simón, Illa da Memoria

  A IGM rexeita en San Simón a permisividade co novo fascismo e lembra que a ultradereita non é unha ideoloxía senón a desaparición do pluralismo político “Toda alternativa política é lexítima dentro do respecto aos Dereitos Humanos e á defensa da igualdade de todas as persoas, titulares deses dereitos sen ningún tipo de exclusión. Dentro dese marco todo é discutíbel, fóra del só queda o fascismo fronte ao que ninguén debe facer concesións”, dicía o manifesto lido no acto da illa En nome da IGM, Queta Molas e Telmo Comesaña tiveron unhas palabras de lembranza para Antonio Nores, Pepe Francés, Chato Galante, Elvira Varela Bao, Margarita Caballero, Argimira Sánchez Valado e Mariquiña Villaverde, que ata o seu pasamento mantiveron acesa a chama da memoria das vítimas do golpe Redondela, 19 de xullo de 2020. Na voz do seu voceiro, Matías da Torre, a Iniciativa Galega pola Memoria rexeitou onte en San Simón “a normalización das forzas fascistas na nosa sociedade” e a “compracencia...

2019 | Informe Anual

 

31 de decembro de 2019 | Homenaxe aos que defenderon a liberdade 1936-2019 | Fernando Salgado | Neé Barros | Paseo Alcalde Antonio Blanco

  Para pechar as actividades do ano 2019, o martes 31 de decembro, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, organizou no Paseo Marítimo Alcalde Blanco, ás 13:00 h., o acto anual en lembranza dos veciños asasinados nesa mesma data de 1936: Albino Agraso Santamaría, Antonio Blanco Solla, Armando Iglesias Pérez, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Santiago Ramos Ramos e Bernardino de la Torre Fernández. Interviron, nesta ocasión, Fernando Salgado Varela, xornalista e escritor, autor de numerosos artigos e traballos sobre a recuperación da nosa memoria silenciada, como o seu último libro, 1.306/36, sobre a historia e a causa do seu avó; e o poeta e escritor marinense Nee Barros. Acompañáronnos as cancións e a música de Samu Acuña, Amigos da Memoria e Pousos da Area. Á finalización tivo lugar a ofrenda floral, encabezada por familiares das persoas homenaxeadas.     ...