Saltar ao contido principal

Publicacións

2022 03 26 - Convocatoria Asemblea Anual Ordinaria

  Enriqueta R. Otero Farto, Presidenta da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMM) con CIF G36580132 e sede social no Canellón Teimón 12 de Marín (36900 Pontevedra); traslada a Convocatoria da Asemblea Anual Ordinaria.   Convocatoria Asemblea Anual Ordinaria Segundo o capítulo III (artigos 16 a 21) dos Estatutos da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, a Presidenta convoca a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no lugar e datas que seguen:   Data: sábado 26 de marzo de 2022 Hora: ás 11:45 horas en 1ª convocatoria e ás 12:15 horas en 2ª convocatoria . Lugar: local social do Ateneo Santa Cecilia (Rúa do Forno 42 – 36900 Marín).   Orde do día: - Benvida e apertura da Asemblea. - Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. - Lectura e aprobación, se procede, das contas correspondentes ó exercicio 2021. - Memoria de actividades 2021. - Previsión programación actividades 2022. - Rogos e preguntas....

ACTO DE LEMBRANZA NO PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO

Aquí deixamos uns vídeos do acto que tivo lugar o pasado 31 de decembro no Paseo Alcalde Antonio Blanco, en lembranza e memoria dos fusilados en decembro do 36.

Edición do traballo de investigación "CRÓNICA DA II REPÚBLICA ESPAÑOLA NO CONCELLO DE MARÍN (1931-1936)"

  Ao abeiro das bases reguladoras de subvencións para edición do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra para o ano 2021   (convocatoria publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra BOP 59 do luns 29 de marzo de 2021) lévase adiante a publicación da obra CRÓNICA DA II REPÚBLICA ESPAÑOLA NO CONCELLO DE MARÍN (1931-1936) traballo realizado durante anos polos investigadores Celso Xavier Milleiro Sánchez e Xosé Manuel Moreira Docampo, dentro do seu proxecto global “Memorias de sal e terra”.

HOMENAXE AOS QUE DEFENDERON A LIBERDADE 1936-2021

 

XORNADAS URBANO R. MOLEDO

Aquí deixamos unhas imaxes das conferencias que tiveron lugar esta semana, na Biblioteca Municipal, e algún texto de Urbano R. Moledo. Luns 13: conferencia de Xoán C. Abad Gallego,    Sementar o terror. O contexto da represión franquista  na bisbarra de Vigo. Martes 14: conferencia de Xosé Enrique Acuña,  Matar por matar. O asasinato de Urbano Rodríguez Moledo.    Mércores 15: conferencia de Rexina R. Vega, Urbano R. Moledo ou o eco dunha voz limpa ante a barbarie. Xoves 16: conferencia de Javier Jurado Luque, Zarzuela galega versus "Zarzuela de costumbres gallegas".

Xornadas Urbano R. Moledo - "Das tebras do esquecemento ó ronsel da memoria" - Do 13 ao 17 de decembro de 2021

  Xornadas sobre Urbano R. Moledo "Das tebras do esquecemento ó ronsel da memoria" Do 13 ó 17 de decembro de 2021, ás 20 horas Biblioteca Pública Municipal de Marín (Avenida de Ourense s/nº) PROGRAMA Luns 13 - Conferencia de Xoán C. Abad Gallego: "Sementar o terror. O contexto da represión franquista na bisbarra de Vigo" Martes 14 - Conferencia de Xosé Enrique Acuña: "Matar por matar? O asasinato de Urbano Rodríguez Moledo". Mércores 15 - Conferencia de Rexina R. Vega: "Urbano R. Moledo ou o eco dunha voz limpa ante a barbarie" Xoves 16 - Conferencia de Javier Jurado Luque: Zarzuela galega versus "zarzuela de costumbres gallegas" Venres 17 - Acto poético musical. Lectura de textos e poesías de Urbano e acompañamento musical

10 de decembro - José Vieira presentación libros

Presentación dos libros "O casino en que vivimos II" e "Miscelánea, historias que contei" de José Vieira. Acto coorganizado polo Ateneo Santa Cecilia e a ARMH Marín. Venres 10 de decembro ás 20 horas no local social do Ateneo Santa Cecilia (rúa do forno 42, baixo)  

11 de decembro de 2021 - Convocatoria Asemblea Anual Ordinaria 2020

  Dna. Enriqueta R. Otero Farto, Presidenta da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMM) con CIF G36580132 e sede social no Canellón Teimón 12 de Marín (36900 Pontevedra); traslada a Convocatoria da Asemblea Anual Ordinaria 2020, adiada como consecuencia da pandemia Covid-19.   Convocatoria Asemblea Anual Ordinaria Segundo o capítulo III (artigos 16 a 21) dos Estatutos da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de M arín, a Presidenta convoca a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no lugar e datas que seguen:   Data: sábado 11 de decembro de 2021 Hora: ás 11:00 horas en 1ª convocatoria e ás 12:00 horas en 2ª convocatoria . Lugar: local social do Ateneo Santa Cecilia (Rúa do Forno 42 – 36900 Marín).   Orde do día: - Benvida e apertura da Asemblea. - Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. - Lectura e aprobación, se procede, das contas correspondentes ó exercicio 2020. - Memoria de actividades 2020...

Pozo da Revolta - Setembro 21

Deixamos aquí os vídeos do acto celebrado o pasado 26 de setembro no Pozo da Revolta, en lembranza e homenaxe ás veciñas e veciños que defenderon a liberdade.

ACTOS DE SETEMBRO

O vindeiro domingo día 26, ás 13:00 h., lembraremos un ano máis, no Pozo da Revolta, a Carmen Pesqueira “A Capirota”, a Dolores Blanco e aos fusilados durante o verán dos anos 36 e 37. Durante esta semana, terán lugar dous actos máis dentro do progama deste mes de setembro. O xoves día 23, ás 20:00 h ., na Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos terá lugar a presentación do libro TODAS MORTAS E (QUASE) ESQUECIDAS. 50 persoas que contribuíram para fazer a Galiza como é , da man de dous dos autores, Carlos Fco. Velasco Souto e Henrique Egea Lapina. E o venres día 24 , tamén no salón de actos da Biblioteca Pública Municipal a partir das 20:00h.,  contaremos coa presenza do profesor e investigador Raúl Soutelo Vázquez que nos falará sobre A MEMORIA DA EMIGRACIÓN GALEGA A AMÉRICA: MITOS, TÓPICOS E REALIDADES COMPROBADAS POLA INVESTIGACIÓN HISTÓRICA .   

DOCUMENTAL ACORDA

Onte, día 17 de setembro, tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra a pre-estrea do documental Acorda, coa participación da ARMH de Marín. O documental, dirixido por Uxía e Marina Carracedo, nace co obxectivo de poñer en valor lugares da memoria da provincia a través da grabación neles de pezas musicais. Os lugares de rodaxe en Marín foron o Pozo da Revolta e o lavadoiro de Loira, onde Lois Pérez conta a historia de Carmen Pesqueira e Ugía Pedreira e Marina Oural interpretan un tema musical que ambienta o feito narrado. Aquí podedes ver uns pequenos fragamentos:

EN LEMBRANZA DE CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ

  Neste 18 de agosto cúmprese o 85 aniversario do fusilamento de Carmen Pesqueira Domínguez. Carmen nace na Mouta o 1 de xuño de 1907 no seo dunha familia numerosa de catro mulleres chave na súa vida de loita para saír adiante. A súa nai, costureira, que para axudar á economía familiar pasou a vender o peixe que o seu home traía na chalana e xunto coas peixeiras do cedo chegaba á Portela, en Barro, para vendelo e facer troco, maiormente por patacas ou fariña. Blanca era cociñeira no Polígono, que logo tivo que deixar, e Antonia que tiña 8 anos cando mataron a Carmen e que a nai, atemorizada, quitou da escola sen apenas ler nin escribir. Despois coidaría do fillo de Carmen. No 1936 Carmen tiña 29 anos e un fillo de solteira de catro anos. Era moi independente e pranchaba e lavaba a roupa dos oficiais do Polígono. Tiña un cuarto alugado no Priorato onde traballaba e vivía co seu fillo. Era republicana e no Polígono regaláronlle un cadro enmarcado dos capitáns Galán e García Hernández...