Saltar ao contido principal

Publicacións

Lugares de Memoria en Marín

Publicacións recentes

"O MESTRE QUE PROMETEU O MAR" NO CINE SEIXO E ACTO ANUAL NO POZO DA REVOLTA

 

ACTO ANUAL DE HOMENAXE A CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ, A CAPIROTA

O vindeiro domingo, día 18 de agosto, reunímonos na Praza de Carmen Pesqueira Domínguez, A Capirota, para rendirlle xusta homenaxe.

SAN SIMÓN - ILLA DA MEMORIA

Como cada mes de xullo, volvemos á illa de San Simón para xuntarnos no acto anual de lembranza, homenaxe e reivindicación de XUSTIZA, VERDADE E REPARACIÓN. Nesta ocasión, tendo como eixe a solicitude de recoñecemento deste espazo como Lugar de Memoria, eliminando así a anomalía histórica na que se atopa, pola absoluta desidia e deixadez de funcións de administracións e do goberno da Xunta de Galicia. Deixamos aquí as intervencións de Iria Morgade Valcárcel, Claudio Rodríguez Fer, Pilar López Vera, en representación de familiares de presos de Andalucía, e Guillerme Pérez, que deu lectura ao manifesto da Iniciativa Galega pola Memoria.

93 ANIVERSARIO DA II REPÚBLICA

  Abre o acto a presidenta da ARMH de Marín, Enriqueta Otero: " En primeiro lugar imos recordar neste 93 aniversario da República a Umbelina Briones López, que hoxe estaría aquí connosco celebrando este acto como acostumaba facelo cada 14 de abril e acompañándonos nos actos da Memoria, da que ela foi fiel testemuña ao longo da súa dilatada vida. Lembramos tamén a Chelo Santos Alfonso, que dun xeito inesperado nun puido chegar ata este día para estar coa lealdade que sempre amosou coa Memoria de Marín. A nosa gratitude para ámbalas dúas e con elas recordemos agora aquel 14 de abril de 1931, cando ás sete da tarde se organiza unha gran manifestación na Rúa do Sol, para proclamar a República en Marín. Iníciase a manifestación coa bandeira republicana ao fronte. Escoltada polas bandeiras das sociedades obreiras unha impoñente multitude dirixiuse á Ponte da Liberdade e percorreu seguidamente as principais rúas da vila, chegando ata Cantodarea e Estribela. Ao fronte ían os presidentes e

2024 04 20 - Convocatoria Asemblea Anual Ordinaria

  Dna. Enriqueta R. Otero Farto, Presidenta da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMM) con CIF G36580132 e sede social no Canellón Teimón 12 de Marín (36900 Pontevedra); traslada a Convocatoria da Asemblea Anual Ordinaria. Convocatoria Asemblea Anual Ordinaria Data: sábado 20 de abril de 2024 Hora: ás 11:30 horas en 1ª convocatoria e ás 12:00 horas en 2ª convocatoria . Lugar: local social do Ateneo Santa Cecilia (Rúa do Forno 42 – 36900 Marín).   Orde do día: - Benvida e apertura da Asemblea. - Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. - Lectura e aprobación, se procede, das contas correspondentes ó exercicio 2023. - Memoria de actividades 2023. - Previsión programación actividades 2024. - Rogos e preguntas.     A presente convocatoria emítese en Marín, a catro de abril de 2024       Enriqueta R. Otero Farto Presidenta da ARMH Marín

31 DE DECEMBRO - ACTO DE LEMBRANZA NO PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO

Deixamos aquí imaxes e algún vídeo das intervencións no acto celebrado o pasado 31 de decembro no Paseo Alcalde Antonio Blanco. FORON CINCUENTA ANOS DE AMOR, PERO EN SILENCIO.  NUNCA VOS ESQUECEREMOS Esta frase é do 12 de novembro de 1986, cando se cumprían cincuenta anos do golpe de estado xenocida que sementou o terror. A frase encabezaba unha nota necrolóxica que a familia de Luis Poza e Jose Adrio publicaran en prensa no aniversario dos seus fusilamentos. Aquela  noite en Pontevedra foran asasinadas dez persoas. Todos tiñan en común ter sido incluídas no grupo que os golpistas consideraban necesario exterminar. Os que chamaron “rojos”. Lonxe do bolchevismo e o judeomasónico, o que tiñan en común, o que facía preciso que estes foran exterminados era a defensa da fraternidade, da liberdade, da igualdade. Da democracia. Os sublevados, os golpistas, querían que o réxime instaurado perdurase, e para iso a aniquilación deles era precisa.  Tamén dos seis  veciños de Marín que, pouco máis

QUEN ESCRIBIRÁ A MIÑA HISTORIA?

     Este xoves, ás 20:00 horas no salón de actos do Museo Municipal Manuel Torres, comezará a presentación da novela de Iria Morgade Valcárcel Quen escribirá a miña historia? "As persoas presas no campo de concentración fronte ao mar non paraban de debuxar nas paredes do mosteiro. Facíano quizais para voar lonxe do horror. Tamén escribían, deixando nos muros as súas últimas mensaxes, os seus derradeiros pensamentos. Unha desas frases convértese para Alba nun enigma que é preciso resolver. Intentalo levaranos a unha viaxe entre os anos trinta e o novo milenio, entre dous confinamentos ben diferentes, entre o presente e o pasado, aquel dos presos do mosteiro, pero tamén o da propia Alba, cativa, tamén ela, da violencia que non pasa."

DOCUMENTAL ACORDA

 

PROGRAMA DE ACTOS PARA ESTE MES DE DECEMBRO

 

DOCUMENTAL ACORDAMOS - CASA DA CULTURA DE SEIXO

Deixamos aquí dous momentos da proxección do documental ACORDAMOS o pasado 26 de setembro na Casa da Cultura de Seixo. Dada a demanda, dentro do programa de actos do mes de decembro volveremos visionalo, o mércores día 20, na Biblioteca Municipal Vidal Pazos.

POZO DA REVOLTA - SETEMBRO 2023

  Durante moito tempo as vítimas foron o centro de atención nos estudos sobre a represión franquista, era xusto e necesario que ocupasen o lugar principal na recuperación da memoria e dar a coñecer as súas historias de vida a toda a poboación. Pero no relato histórico hai unha ausencia, un silencio que chama a atención e que é o do nome dos asasinos. Porque non hai vítimas sen verdugos e as persoas que perderon a vida non o fixeron por morte natural ou, como se di ás veces, nunha guerra civil que aquí non tivo fronte de batalla. Detrás de cada “hemorraxia interna”, de cada “síncope cardiaco”, que constan no rexistro, houbo as balas dunha pistola ou dun fusil, unhas persoas que apertaron o gatillo, outras que decidiron a quen había que eliminar, uns tribunais visibles que asinaron as sentencias ou uns tribunais secretos que decidiron a quen pasear. Houbo tamén unha parte da poboación que delatou, que colaborou ou que mirou para outro lado. Distintos graos de responsabilidade a fin de co

LEMBRANZA E HOMENAXE A CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ "A CAPIROTA"

Intervención de Montse Fajardo o pasado 18 de agosto na homenaxe a Carmen Pesqueira Domínguez, A Capirota, na praza que leva o seu nome en Marín. "Non sei se sabedes que o noso dicionario no recolle ningunha entrada coa palabra Capirota e no de linguas próximas só se recolle unha acepción similar en masculino, Capirote, prenda semellante á nosa capucha. O mesmo pasa coa historia das mulleres: ou non existe ou aparece diluída no relato dos homes. O agocho é aínda maior no caso das que foron vítimas do franquismo: Ou non se fala delas, ou apenas son nomeadas no contar do padecemento deles ou aparecen cinguidas co capirote de tolas. E tontas de capirote somos tamén para moitos nós, quen non nos conformamos co relato imposto. Por iso convertemos á Capirota en símbolo, non só representa a Carme Pesqueira, tamén a cada unha das mulleres que, coma ela, se negaron a mirar cara a outro lado cando campou o fascismo. Como se fosen aguias que a cetrería cega con capucha para poder domar.