Saltar ao contido principal

ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA II REPÚBLICA

Aquí vos deixamos unhas fotos do acto do pasado sábado, para conmemorar o aniversario da proclamación da II República.




Tras as primeiras notas musicais a cargo da Banda Os Amigos da República, a presidenta, Enriqueta Molas, deu lectura ao manifesto da asociación para este día.


Raquel González Caamaño, interveu en nome das persoas que traballan pola recuperación da memoria histórica en Valga, convidadas a participar neste acto; agradeceu o convite de irmandade e lembrou a Ramón Magariños Duro, xastre valgués que foi directivo da agrupación socialista de Marín e sufríu represión e cárcere logo do golpe do 36.

Grazas, unha vez máis, a Carlos Velasco pola súa experta e sentida colaboración.


Ademáis da tradicional ofrenda floral ante a Pedra da Liberdade, as actuacións musicais de Andrés, Antonio e Pesqueira; de Carmen Gallego e Moshelem; puxeron o broche emotivo antes de facer a tamén tradicional foto de familia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SAN SIMÓN - ILLA DA MEMORIA

Como cada mes de xullo, volvemos á illa de San Simón para xuntarnos no acto anual de lembranza, homenaxe e reivindicación de XUSTIZA, VERDADE E REPARACIÓN. Nesta ocasión, tendo como eixe a solicitude de recoñecemento deste espazo como Lugar de Memoria, eliminando así a anomalía histórica na que se atopa, pola absoluta desidia e deixadez de funcións de administracións e do goberno da Xunta de Galicia. Deixamos aquí as intervencións de Iria Morgade Valcárcel, Claudio Rodríguez Fer, Pilar López Vera, en representación de familiares de presos de Andalucía, e Guillerme Pérez, que deu lectura ao manifesto da Iniciativa Galega pola Memoria.

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

ACTO ANUAL DE HOMENAXE A CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ, A CAPIROTA

O domingo, día 18 de agosto, reunímonos na Praza de Carmen Pesqueira Domínguez, A Capirota, para rendirlle xusta homenaxe.