Saltar ao contido principal

10 de xuño, 20 horas - Salón de Actos da Biblioteca Pública Municipal "Vidal Pazos" de Marín - Presentación do libro "CRÓNICA DA II REPÚBLICA ESPAÑOLA NO CONCELLO DE MARÍN (1931-1936)” dos investigadores Celso X. Milleiro e Xosé Manuel Moreira

 




Está claro que vivimos o presente e descoñecemos o futuro, pero para entender o noso presente temos a necesidade e a obrigación, tal e como afirmaba o historiador Juan Antonio Lacamba, de acadar “unha conciencia do noso pasado como compoñente inevitable do presente”.

Para elo é fundamental o traballo dos investigadores e historiadores na análise da sociedade e dos seus cambios ao longo do tempo.

A historia local en épocas pasadas tiña un perfil más de crónica e de análise interpretativa dos feitos acontecidos. Xa fai varios anos que o plantexamento é moi distinto, con estudos sustentados na indagación documental e encaixando de forma activa a historia local nun contexto máis global tanto a nivel xeográfico (comarca, país,...) como de espazo temporal dun período concreto.

Esta investigación da memoria colectiva sustenta as raíces do presente dos pobos atopando a conciencia do seu pasado e da súa identidade.

Todo o indicado é a base do traballo de Celso e Xosé Manuel, que investigaron, entenderon e trasladan no libro que hoxe presentamos, sucesos e feitos locais do Marín de 1931 a 1936 que logran encaixar nun marco máis xeral provincial, galego e do conxunto do estado español; acadando unha dimensión e significado histórico global.

Atopamos inicialmente unha análise xeral do Concello de Marín para poñernos en contexto. Posteriormente analizan o período da II República dende varias ópticas: política, sindicalismo, relixión, cultura, deporte, festas e sociedade. Tamén nos falan do proceso do Estatuto de Autonomía de Galiza e pechan o traballo cun apéndice documental e unha serie de biografías de persoeiros da época.

En definitiva temos ante nós o resultado de moitos anos de esforzo de Celso Milleiro e Xosé Manuel Moreira que amosa o acontecido nun período temporal concreto que forma parte da historia xeral das xentes do noso Concello. 

Moitas grazas a ámbolos dous por este agasallo.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

94 ANIVERSARIO II REPÚBLICA

  Aquí unhas fotos dalgúns momentos do acto. Intervención musical de Andrés Pena Intervención de José Luís Pallín Intervención de Aarón Franco

ACTO NACIONAL NA ILLA DE SAN SIMÓN

Imaxes, intervencións e música do acto nacional de lembranza e homenaxe que tivo lugar na Illa de San Simón o pasado 20 de xullo. Preme na imaxe para acceder á intervención de Mariña Paz. Preme na imaxe para acceder á intervención de Xurxo Ayán.