Saltar ao contido principal

25 xaneiro 2023 - Proxección documental "ACORDA Cartografía Musical da Memoria Histórica de Pontevedra” no Cine Seixo

25 xaneiro 2023 - Cine SEIXO  20 horas

Proxección documental "ACORDA Cartografía Musical da Memoria Histórica de Pontevedra” 

 


O mércores día 25 de xaneiro ás oito da tarde no Cine Seixo (Rúa Doctor Ulloa, 108 - Seixo, Marín) a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín invita as veciñas de Marín e do Morrazo a asistir a un evento gratuito até completar aforo organizado en colaboración co programa de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra "O Pasado Por Vir", onde se proxectará o documental “Acorda. Cartografía Musical da Memoria Histórica de Pontevedra”, unha peza audiovisual baixo a dirección artística de Uxía Senlle e Marina Carracedo, o guión de Lois Pérez, a dirección de Lucas Terceiro e o asesoramento de contidos de Montse Fajardo, que dá a coñecer lugares singulares para a memoria dentro da provincia (O Pozo da Revolta, A Ponte do Regueiro, Anguieiro, Alcabre, A Volta da Bombardeira, A Volta da Moura, San Simón "illa da Memoria") a través da música. Participan as intérpretes Ugia Pedreira e Marina Oural, Tanxugueiras, Emilio Rúa e Silvia Penide, Sheila Patricia, Eladio Santos, Ezetaerre, Uxía e Su Garrido. 


En novembro de 2020 tivo lugar a grabación no lavadoiro de Loira e no Pozo da Revolta con intervención de Lois Pérez, Ugia Pedreira e Marina Oural. A presidenta da ARMH de Marín, Queta Otero “Molas” tamén é parte activa do documental.



A sinopse do audiovisual explica que "Acorda" é "unha mensaxe de paz, memoria e rebeldía para as novas xeracións. Toda historia de represión e inxustiza ten o seu relato de resistencia e esperanza. A nosa memoria acorda e renace nos lugares, na xente. No 36, o fascismo franquista quixo apagar a nosa voz e o noso pensamento, quixo roubarnos a chuvia. A historia escríbea quen vence, pero outras historias continuaron escribíndose tamén. Hoxe, coma quen acorda dun longo sono, volvemos a algúns dos lugares onde habitou o silencio, o medo, a perda e poboámolos de música, cancións e palabras". 

 

Contaremos coa presenza de María Ortega (Deputada do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, Memoria Histórica e Lingua da Deputación de Pontevedra) e Montse Fajardo (Técnica do programa de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra).

                          

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ, A CAPIROTA

Intervención de Asun Bernández Rodal no acto de lembranza do pasado 18 de agosto. "A memoria de Carme Pesqueira Domínguez, unha muller traballadora asasinada un día coma hoxe no ano 1936, segue viva. Era nova e estaba resolta a non calar a boca fronte ás inxustizas, e por iso foi tiroteada polos fascistas un 18 de agosto, xusto ao mes do levantamento militar franquista. En Galiza a represión foi rápida e cruenta, e empezou aos poucos días do levantamento. Aquí non houbo fronte militar, pero os mortos estiveron en todas partes. Os falanxistas, apoiados polos poderes políticos e parte da sociedade civil, tiveron as mans libres para actuar de forma sanguenta e impune. Hoxe seguimos recordando ás asasinadas, aos asasinados que foron a cara máis fera e doente do terror imposto por un réxime que ía manexar a violencia física, institucional e ideolóxica coma o seu principal instrumento de poder. Foron as execucións, pero tamén as desaparicións, as detencións, as malleiras, as condenas a

LEMBRANZA E HOMENAXE A CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ "A CAPIROTA"

Intervención de Montse Fajardo o pasado 18 de agosto na homenaxe a Carmen Pesqueira Domínguez, A Capirota, na praza que leva o seu nome en Marín. "Non sei se sabedes que o noso dicionario no recolle ningunha entrada coa palabra Capirota e no de linguas próximas só se recolle unha acepción similar en masculino, Capirote, prenda semellante á nosa capucha. O mesmo pasa coa historia das mulleres: ou non existe ou aparece diluída no relato dos homes. O agocho é aínda maior no caso das que foron vítimas do franquismo: Ou non se fala delas, ou apenas son nomeadas no contar do padecemento deles ou aparecen cinguidas co capirote de tolas. E tontas de capirote somos tamén para moitos nós, quen non nos conformamos co relato imposto. Por iso convertemos á Capirota en símbolo, non só representa a Carme Pesqueira, tamén a cada unha das mulleres que, coma ela, se negaron a mirar cara a outro lado cando campou o fascismo. Como se fosen aguias que a cetrería cega con capucha para poder domar.

10 de xuño, 20 horas - Salón de Actos da Biblioteca Pública Municipal "Vidal Pazos" de Marín - Presentación do libro "CRÓNICA DA II REPÚBLICA ESPAÑOLA NO CONCELLO DE MARÍN (1931-1936)” dos investigadores Celso X. Milleiro e Xosé Manuel Moreira

  Está claro que vivimos o presente e descoñecemos o futuro, pero para entender o noso presente temos a necesidade e a obrigación, tal e como afirmaba o historiador Juan Antonio Lacamba, de acadar “unha conciencia do noso pasado como compoñente inevitable do presente”. Para elo é fundamental o traballo dos investigadores e historiadores na análise da sociedade e dos seus cambios ao longo do tempo. A historia local en épocas pasadas tiña un perfil más de crónica e de análise interpretativa dos feitos acontecidos. Xa fai varios anos que o plantexamento é moi distinto, con estudos sustentados na indagación documental e encaixando de forma activa a historia local nun contexto máis global tanto a nivel xeográfico (comarca, país,...) como de espazo temporal dun período concreto. Esta investigación da memoria colectiva sustenta as raíces do presente dos pobos atopando a conciencia do seu pasado e da súa identidade. Todo o indicado é a base do traballo de Celso e Xosé Manuel, que inves