Saltar ao contido principal

Publicacións

ACTOS DE SETEMBRO

O vindeiro domingo día 26, ás 13:00 h., lembraremos un ano máis, no Pozo da Revolta, a Carmen Pesqueira “A Capirota”, a Dolores Blanco e aos fusilados durante o verán dos anos 36 e 37. Durante esta semana, terán lugar dous actos máis dentro do progama deste mes de setembro. O xoves día 23, ás 20:00 h ., na Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos terá lugar a presentación do libro TODAS MORTAS E (QUASE) ESQUECIDAS. 50 persoas que contribuíram para fazer a Galiza como é , da man de dous dos autores, Carlos Fco. Velasco Souto e Henrique Egea Lapina. E o venres día 24 , tamén no salón de actos da Biblioteca Pública Municipal a partir das 20:00h.,  contaremos coa presenza do profesor e investigador Raúl Soutelo Vázquez que nos falará sobre A MEMORIA DA EMIGRACIÓN GALEGA A AMÉRICA: MITOS, TÓPICOS E REALIDADES COMPROBADAS POLA INVESTIGACIÓN HISTÓRICA .   

DOCUMENTAL ACORDA

Onte, día 17 de setembro, tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra a pre-estrea do documental Acorda, coa participación da ARMH de Marín. O documental, dirixido por Uxía e Marina Carracedo, nace co obxectivo de poñer en valor lugares da memoria da provincia a través da grabación neles de pezas musicais. Os lugares de rodaxe en Marín foron o Pozo da Revolta e o lavadoiro de Loira, onde Lois Pérez conta a historia de Carmen Pesqueira e Ugía Pedreira e Marina Oural interpretan un tema musical que ambienta o feito narrado. Aquí podedes ver uns pequenos fragamentos:

EN LEMBRANZA DE CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ

  Neste 18 de agosto cúmprese o 85 aniversario do fusilamento de Carmen Pesqueira Domínguez. Carmen nace na Mouta o 1 de xuño de 1907 no seo dunha familia numerosa de catro mulleres chave na súa vida de loita para saír adiante. A súa nai, costureira, que para axudar á economía familiar pasou a vender o peixe que o seu home traía na chalana e xunto coas peixeiras do cedo chegaba á Portela, en Barro, para vendelo e facer troco, maiormente por patacas ou fariña. Blanca era cociñeira no Polígono, que logo tivo que deixar, e Antonia que tiña 8 anos cando mataron a Carmen e que a nai, atemorizada, quitou da escola sen apenas ler nin escribir. Despois coidaría do fillo de Carmen. No 1936 Carmen tiña 29 anos e un fillo de solteira de catro anos. Era moi independente e pranchaba e lavaba a roupa dos oficiais do Polígono. Tiña un cuarto alugado no Priorato onde traballaba e vivía co seu fillo. Era republicana e no Polígono regaláronlle un cadro enmarcado dos capitáns Galán e García Hernández...

SAN SIMÓN, ILLA DA MEMORIA

O pasado 18 de xullo volvemos xuntarnos na illa de San Simón, aínda que coas restricións debidas, para o acto nacional en memoria das vítimas do franquismo. Nesta ocasión houbo un recoñecemento especial a dúas das persoas referentes para o movemento memorialístico galego. Una delas, xunto a Telmo Comesaña da asociación viguesa Memoria do 36, foi a presidenta da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Queta Otero Farto (Queta Molas). Intervención de Eva Mejuto, autora do libro "A Lavandeira de San Simón" , que nos fala das "madriñas" dos presos e da "historia negra desta illa" dende a ollada das mulleres e das nenas e nenos. Intervención de Carlos Babío, coautor de "Meirás: un pazo, un caudillo un espolio" e portavoz da Plataforma Defende Meirás. Unha pequena mostra da actuación musical que nos acompañou durante a xornada: a voz prodixiosa e o sentimento de Sheila Patricia.

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

90 ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA II REPÚBLICA

Manifesto No 90ª aniversario da II República, queremos lembrar e homenaxear aos homes e mulleres que o martes 14 de abril de 1931, ás 7 da tarde, organizan unha gran manifestación para proclamar a República en Marín. Ata Cantodarea e Estribela chegaba unha multitude escoltada polas bandeiras das sociedades obreiras e coa bandeira republicana ao fronte, despois de pasar pola Ponte da Liberdade, onde estaba a pedra testemuña de momentos históricos da nosa vila. Na cabeza da manifestación van os presidentes e dirixentes do Centro Republicano local e Sociedades obreiras, rematando no Pazo Municipal.   Gonzalo Martín Marc h En presenza do alcalde ízase a bandeira republicana entre os entusiastas aplausos da multitude e Agustín Rey toma a palabra para expresar o que significa a proclamación da República no que respecta á orde, á xustiza e á liberdade, sendo moi aplaudido. Antes de disolverse a manifestación, o presidente do Centro Republicano, Gonzalo Martín March, pide aos asistentes no...

31 de decembro de 2020 | Homenaxe anual no Paseo "Alcalde Antonio Blanco"

           Nesta ocasión, por mor das restriccións a causa da pandemia Covid-19, o acto foi moito máis reducido e breve, mais non menos sentido e emotivo. Xulio Pardellas, en nome da Asociación, dirixíndose aos asistentes. Inicio da ofrenda floral Intervención do noso veciño Xose Uxío Diz Tilve