Saltar ao contido principal

Publicacións

SAN SIMÓN, ILLA DA MEMORIA

O pasado 18 de xullo volvemos xuntarnos na illa de San Simón, aínda que coas restricións debidas, para o acto nacional en memoria das vítimas do franquismo. Nesta ocasión houbo un recoñecemento especial a dúas das persoas referentes para o movemento memorialístico galego. Una delas, xunto a Telmo Comesaña da asociación viguesa Memoria do 36, foi a presidenta da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Queta Otero Farto (Queta Molas). Intervención de Eva Mejuto, autora do libro "A Lavandeira de San Simón" , que nos fala das "madriñas" dos presos e da "historia negra desta illa" dende a ollada das mulleres e das nenas e nenos. Intervención de Carlos Babío, coautor de "Meirás: un pazo, un caudillo un espolio" e portavoz da Plataforma Defende Meirás. Unha pequena mostra da actuación musical que nos acompañou durante a xornada: a voz prodixiosa e o sentimento de Sheila Patricia.

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

90 ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA II REPÚBLICA

Manifesto No 90ª aniversario da II República, queremos lembrar e homenaxear aos homes e mulleres que o martes 14 de abril de 1931, ás 7 da tarde, organizan unha gran manifestación para proclamar a República en Marín. Ata Cantodarea e Estribela chegaba unha multitude escoltada polas bandeiras das sociedades obreiras e coa bandeira republicana ao fronte, despois de pasar pola Ponte da Liberdade, onde estaba a pedra testemuña de momentos históricos da nosa vila. Na cabeza da manifestación van os presidentes e dirixentes do Centro Republicano local e Sociedades obreiras, rematando no Pazo Municipal.   Gonzalo Martín Marc h En presenza do alcalde ízase a bandeira republicana entre os entusiastas aplausos da multitude e Agustín Rey toma a palabra para expresar o que significa a proclamación da República no que respecta á orde, á xustiza e á liberdade, sendo moi aplaudido. Antes de disolverse a manifestación, o presidente do Centro Republicano, Gonzalo Martín March, pide aos asistentes no...

31 de decembro de 2020 | Homenaxe anual no Paseo "Alcalde Antonio Blanco"

           Nesta ocasión, por mor das restriccións a causa da pandemia Covid-19, o acto foi moito máis reducido e breve, mais non menos sentido e emotivo. Xulio Pardellas, en nome da Asociación, dirixíndose aos asistentes. Inicio da ofrenda floral Intervención do noso veciño Xose Uxío Diz Tilve

31 de decembro de 2020 | convocatorias Asembleas Anual Ordinaria e Extraordinaria a celebrar o 31 de decembro de 2020 (suspendidas con anterioridade polo pandemia Covid-19)

O  xoves 31 de decembro de 2020 iniciouse ás 12:20 horas no  local social do Ateneo Santa Cecilia a  ASEMBLEA EXTRAORDINARIA coa seguinte Orde do día:  - Cese da actual Xunta Directiva ao finalizar o período de catro anos do seu mandato (capítulo II, artigo 6). - Elección e nomeamento de nova Xunta Directiva (capítulo II, artigo 6) Finalizou as 12:40 horas coa r eelección ate o ano 2024 da actual Xunta Directiva  da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín , composta por: Presidenta: Enriqueta R. Otero Farto         Vicepresidenta: Carmen Moreira Blanco   Secretario: Constante Iglesias García - "Tino Iglesias"           Tesoureiro: Xulio Pardellas de Blas   Vogais:                                                            ...

18 de agosto de 2020 | Acto de homenaxe e recoñecemento a Carmen Pesqueira "A Capirota”

  O  martes 18 de agosto, ás 12:30 h ., celebramos un sinxelo homenaxe a Carmen Pesqueira Domínguez “A Capirota”. Dadas as circunstancias derivadas da pandemia covid-19, foi un pequeno acto simbólico de lembranza depositando un ramo   na praza que leva o nome desta veciña , “muller valente e loitadora polos dereitos dos traballadores“ (como reza a praca instalada o día da inauguración de dita praza en agosto de 2018), que se enfrontou “á manada fascista”. No 84 aniversario do seu fusilamento, queremos seguir lembrando a memoria da muller  que tivo a ousadía de encararse aos que truncaron un tempo de esperanza que supuxo a II República para a clase traballadora . Xunto a ela, quedou ferida de bala Dolores Blanco Rodal que puido fuxir polo monte e contar os feitos. O nome de Carmen Pesqueira trascende no tempo como  referente da loita pola liberdade, a igualdade e a democracia máis alá da historia de Marín,  formando parte de exposicións, proxectos e mesm...