Saltar ao contido principal

Publicacións

Adianto programación Outubro-Novembro 2022 O RONSEL DA MEMORIA

  Venres 21 de outubro de 2022 - 20 horas Salón de actos Museo Municipal "Manuel Torres" - Marín Acto de presentación do libro "Alejandro Viana. Un galego á fronte  do rescate dos refuxiados republicanos" (2021, Belagua Ediciones) de Roberto Mera Covas. Libro galardonado co Premio Antón Losada Diéguez 2022 (Investigación e Ensaio). Venres 18 de novembro de 2022 - 20 horas Salón de actos Museo Municipal "Manuel Torres" - Marín Acto de presentación do libro "Os anos do silencio. Represión e resistencia  na provincia de Pontevedra (1936-1951)"  (2022, Edicións Xerais de Galicia) de Xosé Álvarez Castro.

27 de setembro - Presentación do libro "Caminos de Resistencia" de Francisco Martínez López "El Quico"

  O martes 27 de setembro ás 20 hora s no salón de actos do Museo Municipal “Manuel Torres” de Marín terá lugar a presentación do libro “CAMINOS DE RESISTENCIA” de Francisco Martínez López El Quico . Participará o propio autor e a súa filla e investigadora Odette Martínez-Maler. Presentará e moderará o acto o compañeiro da ARMH Marín, Tino Iglesias. Con carácter previo terá lugar a estrea do videoclip da canción "Mañán a noite" do grupo Mardeafora, colaborador habitual da ARMH Marín.  Un tema que fala da recuperación da memoria histórica, e que lembra a aquelas persoas que individual e colectivamente, tamén a través das asociacións, loitan contra o esquecemento e pola dignidade arrebatada. https://youtu.be/CIURXDUEWBk   **************************** Quico naceu o 1 de outubro de 1925 en Cabañas Raras, preto de Ponferrada, no seo dunha familia campesiña. Foi enlace nos servizos de información republicana da Federación de Guerrillas de León-Galicia de 1944 a 1947. D...

25 de setembro de 2022 | Acto de homenaxe ás/aos que defenderon a liberdade no Pozo da Revolta en Bagüín-Mogor (Lugar de Memoria)

  A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín organiza o acto anual no lugar do Pozo da Revolta , en Bagüín, en lembranza e homenaxe ás veciñas e veciños que defenderon a liberdade, como Carmen Pesqueira Domínguez “A Capirota”, lavandeira de 29 anos asasinada o 18 de agosto do 36, Elsa Omil, rapada polos falanxistas, e Antonio Martínez Alfonso, canteiro, Augusto Alfonso González, canteiro de 44 anos, e Cristóbal Peñín Alonso, industrial de 42 anos, asasinados o 14 de setembro de 1937. O acto dará comezo ás 13:00h . e participarán, nesta ocasión, representantes das asociacións de memoria histórica da comarca . Pola Asociación Amigos de Johán Carballeira, de Bueu, intervirá Xosé Novas Piñeiro , pola Asociación Memoria Histórica 28 de Agosto, de Cangas, intervirá Iago Santos Castroviejo e pola Asociación Cultural Irmandade do Dolmen, de Moaña, falará Luis Chapela Bermúdez ; ademáis de Queta Otero “Molas”, por parte da ARMH de Marín. Contaremos coas actuacións musi...

CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ, A CAPIROTA

Intervención de Asun Bernández Rodal no acto de lembranza do pasado 18 de agosto. "A memoria de Carme Pesqueira Domínguez, unha muller traballadora asasinada un día coma hoxe no ano 1936, segue viva. Era nova e estaba resolta a non calar a boca fronte ás inxustizas, e por iso foi tiroteada polos fascistas un 18 de agosto, xusto ao mes do levantamento militar franquista. En Galiza a represión foi rápida e cruenta, e empezou aos poucos días do levantamento. Aquí non houbo fronte militar, pero os mortos estiveron en todas partes. Os falanxistas, apoiados polos poderes políticos e parte da sociedade civil, tiveron as mans libres para actuar de forma sanguenta e impune. Hoxe seguimos recordando ás asasinadas, aos asasinados que foron a cara máis fera e doente do terror imposto por un réxime que ía manexar a violencia física, institucional e ideolóxica coma o seu principal instrumento de poder. Foron as execucións, pero tamén as desaparicións, as detencións, as malleiras, as condenas a ...

18 de agosto de 2022 | Acto de homenaxe a Carmen Pesqueira "A Capirota" na praza que leva o seu nome.

  Neste 18 de agosto ás 13 horas na praza e xardín que leva o seu nome na rúa da Roda, recordaremos a Carmen Pesqueira Domínguez “A Capirota”, asasinada, privada da súa vida para escarmento das que ousaran levantarse aínda que só fora coa súa voz contra o novo réxime implantado polos militares golpistas.  Esa mesma noite foron buscar a Cangas a Dolores Blanco Montes e as dúas compartiron a tráxica viaxe ata o Pozo da Revolta e aínda que Lola puido saír con vida fuxindo polo monte a súa vida foi un inferno pola brutal represión contra ela e a súa familia. Este ano contaremos coa presenza de Asún Bernárdez Rodal autora do libro “Lola, filla de Cangas” e editado no ano 2020 pola Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas. Asún Bernárdez é Catedrática de Periodismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Especializada nos estudios de Comunicación e Xénero, Semiótica dos Medios de Masas e Teoría da Información. É Doutor...

10 de agosto de 2022 - Presentación en Seixo do libro Galegos no exército de Euzkadi 1936-1937” do investigador marinense Sergio Balchada Outeiral “Satxa”.

  A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, presentará o mércores 10 de agosto o libro “Galegos no exército de Euzkadi 1936-1937”   do investigador oriundo de Marín, Sergio Balchada Outeiral.   O acto será as oito da tarde no salón de actos da Casa de Cultura de Seixo (Rúa Ángel Araujo Escribano 8 - Seixo - 36913 Marín) . Contaremos coa presenza do autor que disertará sobre o seu traballo de investigación. Sergio Balchada, Satxa, como historiador e investigador ten numerosos artigos publicados nas revistas Luzes, Aztarna (Revista da Asociación do mesmo nome de Etnografía e Difusión do Alto Nervión), Estibaus (Boletín de Altzako Historia Mintegia) e en Nós Diario. Dende o ano 2014 publica o blog elgajedeloficio.wordpress.com con varios apartados: Idade Media, Idade Moderna, Guerra Civil Española, cine, ... Satxa tamén é guionista e actor de cine. A modo de exemplo podemos citar a longametraxe Baile en el sindicato ambientada no frente de Álava n...

10 de xuño, 20 horas - Salón de Actos da Biblioteca Pública Municipal "Vidal Pazos" de Marín - Presentación do libro "CRÓNICA DA II REPÚBLICA ESPAÑOLA NO CONCELLO DE MARÍN (1931-1936)” dos investigadores Celso X. Milleiro e Xosé Manuel Moreira

  Está claro que vivimos o presente e descoñecemos o futuro, pero para entender o noso presente temos a necesidade e a obrigación, tal e como afirmaba o historiador Juan Antonio Lacamba, de acadar “unha conciencia do noso pasado como compoñente inevitable do presente”. Para elo é fundamental o traballo dos investigadores e historiadores na análise da sociedade e dos seus cambios ao longo do tempo. A historia local en épocas pasadas tiña un perfil más de crónica e de análise interpretativa dos feitos acontecidos. Xa fai varios anos que o plantexamento é moi distinto, con estudos sustentados na indagación documental e encaixando de forma activa a historia local nun contexto máis global tanto a nivel xeográfico (comarca, país,...) como de espazo temporal dun período concreto. Esta investigación da memoria colectiva sustenta as raíces do presente dos pobos atopando a conciencia do seu pasado e da súa identidade. Todo o indicado é a base do traballo de Celso e Xosé Manuel, que i...

20 de abril, 19 horas - Biblioteca Pública Municipal - Presentación do libro Galegos no exército de Euzkadi 1936-1937” do investigador marinense Sergio Balchada Outeiral.

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e o Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, da man da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, presentará o mércores 20 de abril o libro “ Galegos no exército de Euzkadi 1936-1937”   do investigador oriundo de Marín, Sergio Balchada Outeiral . O acto será as sete da tarde no salón de actos da Biblioteca Pública Municipal de Marín (Avenida de Ourense s/n). A maiores da presenza do autor que disertará sobre o seu traballo de investigación, participarán a deputada de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, María Ortega, e o secretario da asociación marinense, Tino Iglesias. Sergio Balchada, Satxa , como historiador e investigador ten numerosos artigos publicados nas revistas Luzes, Aztarna (Revista da Asociación do mesmo nome de Etnografía e Difusión do Alto Nervión), Estibaus (Boletín de Altzako Historia Mintegia) e en Nós Diario. Dende o ano 2014 publica o blog elgajedeloficio...

14 de abril

91 ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA  II REPÚBLICA  

2022 03 26 - Convocatoria Asemblea Anual Ordinaria

  Enriqueta R. Otero Farto, Presidenta da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMM) con CIF G36580132 e sede social no Canellón Teimón 12 de Marín (36900 Pontevedra); traslada a Convocatoria da Asemblea Anual Ordinaria.   Convocatoria Asemblea Anual Ordinaria Segundo o capítulo III (artigos 16 a 21) dos Estatutos da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, a Presidenta convoca a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no lugar e datas que seguen:   Data: sábado 26 de marzo de 2022 Hora: ás 11:45 horas en 1ª convocatoria e ás 12:15 horas en 2ª convocatoria . Lugar: local social do Ateneo Santa Cecilia (Rúa do Forno 42 – 36900 Marín).   Orde do día: - Benvida e apertura da Asemblea. - Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. - Lectura e aprobación, se procede, das contas correspondentes ó exercicio 2021. - Memoria de actividades 2021. - Previsión programación actividades 2022. - Rogos e preguntas....

ACTO DE LEMBRANZA NO PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO

Aquí deixamos uns vídeos do acto que tivo lugar o pasado 31 de decembro no Paseo Alcalde Antonio Blanco, en lembranza e memoria dos fusilados en decembro do 36.

Edición do traballo de investigación "CRÓNICA DA II REPÚBLICA ESPAÑOLA NO CONCELLO DE MARÍN (1931-1936)"

  Ao abeiro das bases reguladoras de subvencións para edición do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra para o ano 2021   (convocatoria publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra BOP 59 do luns 29 de marzo de 2021) lévase adiante a publicación da obra CRÓNICA DA II REPÚBLICA ESPAÑOLA NO CONCELLO DE MARÍN (1931-1936) traballo realizado durante anos polos investigadores Celso Xavier Milleiro Sánchez e Xosé Manuel Moreira Docampo, dentro do seu proxecto global “Memorias de sal e terra”.